Donald Trump e a súa administración empregan as leis e os tribunais á súa conveniencia. No momento en que as leis e os tribunais poñen un obstáculo ao seu programa, ignóranas ata o límite que impón o actual balance de poder dentro do Estado. Resúltalle claro a todo o mundo que, para eles, a lei é sinxelamente unha das moitas armas: carece de poder para obrigalos. Aínda así, boa parte da oposición segue a paralizar a resistencia ao concentrarse en cuestións de legalidade e outras sutilezas, fracasando á hora de captar a realidade da situación.
Un entusiasta activista antifascista de Praga adoitaba a contar un chiste que viña a dicir o seguinte:
Despois da Segunda Guerra Mundial, un antifascista checo e un partisano iugoslavo atopáronse nunha praia do Adriático.
Finalmente, a pregunta ineludible xurdiu: “Que fixeches na guerra?”, preguntou o antifascista checo ao partisano.
“Xa sabes, o habitual”, respondeu o partisano. “Formamos unha rede clandestina, investigamos a posibles recrutas, establecemos pisos francos e imprentas baixo a corda. Despois, comezamos a sabotar vías do tren e liñas de teléfono. E ao final, conseguimos levar a cabo asaltos para facernos con armas. A través delas, empezamos a recuperar aldeas e posteriormente rexións enteiras ata que, finalmente, expulsamos aos nazis fóra do país.”
“Todo iso sona moi ben”, respondeu o antifascista checo. “Por desgraza, onde estabamos, todo iso era ilegal!”
Further Reading
- Convértete nun anarquista ou cala para sempre
- Por que os demócratas son responsábeis da volta ao poder de Donald Trump? (inglés)
- Fai a túa escolla: lei ou liberdade (inglés)
- Da democracia á liberdade (inglés)
- Os centristas (inglés)
- O paradoxo centrista (inglés)
Imprimir e distribuír xornais clandestinos co obxectivo de reunir apoio para a liberación de Francia, sabotar redes de telecomunicación, aportar intelixencia aos Aliados, crear documentos falsos para axudar a xudeus a fuxir, rescatar soldados aliados, e destruír infraestrutura clave mediante o bombardeo de pontes esenciais para o transporte foron todas operacións levadas a cabo pola Resistencia. Foron máis polémicas as tácticas de guerrilla empregadas, e os asasinatos de soldados alemáns…
-A Segunda Guerra Mundial en Francia: a Resistencia (inglés)

